REGULACIÓN DAS AXUDAS Ó SEGURO FORESTAL EN ESPAÑA

Authors

  • Jesús Barreal Pernas

Abstract

seguro forestal enmárcase dentro dos Seguros Agrarios Combinados. Este seguro ten unha lexislación xeral para todas as liñas e unha específica no caso seguro forestal. Para aplicar este seguro creouse a Entidade Estatal de Seguros Agrarios e xeráronse mecanismos económicos a través do Consorcio de Compensación de Seguros para dar cobertura ás posibles indemnizacións. Así, a lexislación española regula a subscrición do seguro forestal e ó mesmo tempo se lle concede unha serie de subvencións sobre o custe da prima para incentivar a súa contratación. A axuda dependerá do tipo de propietario, antigüidade e outras características técnicas, pero sempre se garante unha axuda base. Esta axuda pode ser ampliada pola administración autonómica á que pertenza o ben asegurado. A cobertura do seguro forestal abrangue aqueles danos rexistrados sobre as producións forestais polos lumes e outras catástrofes meteorolóxicas. A de cobertura poder ser por danos na produción ou sobre os custos de recuperación da produción forestal, pero ambas dependeran do tipo de plantación e do tipo de terreo

Downloads

Download data is not yet available.

Published

15-11-2015

Issue

Section

Artículos

How to Cite

“REGULACIÓN DAS AXUDAS Ó SEGURO FORESTAL EN ESPAÑA” (2015) Cadernos de Dereito Actual, (1), pp. 105–116. Available at: https://www.cadernosdedereitoactual.es/index.php/cadernos/article/view/25 (Accessed: 13 September 2025).